As Neves
🥂🍇 Así vivimos o III Pre Fin de Ano en As Neves A Praza Maior encheuse onte de xente, música e bo ambiente para celebr...
Data de publicación: 28/12/2025
🥂🍇 Así vivimos o III Pre Fin de Ano en As Neves
A Praza Maior encheuse onte de xente, música e bo ambiente para celebrar xuntos o III Pre Fin de Ano organizado polo Concello. Tomamos as uvas, brindamos e compartimos unha noite chea de alegría para despedir o ano por adiantado. 🎉✨
O reparto de uvas e cotillón puxo o toque festivo a unha celebración que reuniu veciñanza e visitantes baixo a carpa, convertendo a noite nun verdadeiro punto de encontro.
Desde o Concello de As Neves queremos agradecer a todas as persoas que participastes e, de maneira especial, a DJ Rubin, que se encargou de poñer ritmo e animar a festa durante toda a noite. 🎶💿
Gracias por facer de As Neves un lugar vivo, participativo e con ganas de celebrar xuntos. Bo remate de ano! ❤️
#AsNeves #PreFinDeAno #ConcelloDeAsNeves #Festa #Gracias