As Neves

Comunicacións

As Neves

⏳Últimas horas para a noite máis máxica do ano! 👑Sorpresa! Os Reis Magos xa están en As Neves! Os nenos e nenas do camp...

Data de publicación: 05/01/2026

⏳Últimas horas para a noite máis máxica do ano!
👑Sorpresa! Os Reis Magos xa están en As Neves! Os nenos e nenas do campamento recibiron a visita do Rei Gaspar, que se achegou un ratiño para escoitalos, recibir as últimas cartas e confirmar quen se portou ben no último ano.
Xa está todo listo para a Gran Cabalgata desta tarde:
🕡 Saída ás 16:30 horas
📍Dende o Montesol
🎁Convidámosvos a desfrutar dunha das actividades en familia máis agardadas e máis fermosas de todo o ano. 💫
#AsNeves #ConcelloAsNeves #NadalAsNeves