As Neves

Comunicacións

As Neves

🚨🤝 Queres formar parte de Protección Civil? Se tes ganas de axudar, protexer e colaborar en situacións de emerxencia,...

Data de publicación: 12/01/2026

🚨🤝 Queres formar parte de Protección Civil? Se tes ganas de axudar, protexer e colaborar en situacións de emerxencia, esta é a túa oportunidade para formar parte da Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil Ribeira do Miño.
📅 Desde este mércores xa podes pasar polas oficinas municipais do Concello de As Neves para cubrir a ficha de inscrición e iniciar o proceso para pertencer ao grupo de voluntariado.
ℹ️ Prazo de inscrición: a partir do mércores 14 de xaneiro
📍 Base en Arbo
📄 Recollida e entrega de fichas nas oficinas municipais do Concello de As Neves, xunto coa fotocopia do DNI e os méritos que se queiran achegar.
👉 Súmate a un equipo comprometido coa seguridade, a solidariedade e o servizo á veciñanza.
Porque axudar tamén salva vidas ❤️‍🩹
#ConcelloAsNeves #AsNeves #ProtecciónCivil #Voluntariado #Emerxencias