As Neves

Comunicacións

As Neves

🌍 A concelleira de Turismo, Ana Rodríguez, asistiu á presentación do GDR Terra e Auga en #Fitur2026, onde o xeodestino...

Data de publicación: 23/01/2026

🌍 A concelleira de Turismo, Ana Rodríguez, asistiu á presentación do GDR Terra e Auga en #Fitur2026, onde o xeodestino Condado Paradanta puxo en valor o turismo experiencial e enogastronómico como sinal de identidade.
Durante o acto anunciouse a creación dunha ruta peonil interpretativa que unirá espazos de alto valor paisaxístico, patrimonial e natural do noso concello. Ademais, convidouse a descubrir As Neves a través da súa paisaxe, produtos, gastronomía e festas.
O GDR destacou tamén os produtos estrela, as festas de interese turístico e os avances do Plan de Sustentabilidade Turística, financiado con fondos NextGenerationEU, reafirmando a aposta por un turismo sostible e un territorio vivo.
#ConcelloAsNeves #TerraEAuga #CondadoParadanta #TurismoSostible