As Neves
♻️ O alcalde de As Neves participou na reunión celebrada na Deputación Pontevedra, na que o presidente Luis López Diégue...
Data de publicación: 28/01/2026
♻️ O alcalde de As Neves participou na reunión celebrada na Deputación Pontevedra, na que o presidente Luis López Diéguez fixo entrega dos informes da Oficina de Transformación Comunitaria, unha ferramenta clave para impulsar sistemas enerxéticos máis eficientes e sustentables nos concellos da provincia.
👉 Estes informes permiten coñecer o potencial enerxético de cada municipio e abrir o camiño á creación de comunidades enerxéticas locais, no marco do programa +Renovables, promovendo o uso de enerxías limpas como a solar, eólica ou o biogás.
Desde o Concello de As Neves seguimos traballando da man doutras administracións para avanzar nunha transición enerxética xusta, eficiente e adaptada ao noso territorio, que beneficie á veciñanza e ao medio ambiente.
#AsNeves #ConcelloAsNeves #MaisRenovables