As Neves
🔧 Rematan os traballos de mantemento e reparación da estación de bombeo de Tortoreos, garantindo de novo o correcto fun...
Data de publicación: 30/01/2026
🔧 Rematan os traballos de mantemento e reparación da estación de bombeo de Tortoreos, garantindo de novo o correcto funcionamento da rede de saneamento nesta zona do municipio.
As actuacións realizáronse tras as incidencias provocadas polo forte temporal do pasado 23 de xaneiro, que ocasionou obstrucións no sistema, así como avarías na instalación eléctrica. Unha vez completadas as tarefas de revisión, limpeza e reparación, a estación quedou totalmente operativa.
👉 Aproveitouse tamén a intervención para limpar e acondicionar a cuneta próxima, mellorando a recollida de augas pluviais e evitando posibles desbordamentos na estrada.
Seguimos traballando para reforzar a seguridade, a eficiencia dos servizos e a protección das infraestruturas municipais.
#ConcelloAsNeves #AsNeves #Saneamento #Tortoreos