As Neves
📚 A Biblioteca de As Neves acolle a presentación de “O Guardião dos Sonhos”, da escritora Elisabete Brito, unha histori...
Data de publicación: 10/02/2026
📚 A Biblioteca de As Neves acolle a presentación de “O Guardião dos Sonhos”, da escritora Elisabete Brito, unha historia chea de imaxinación, tenrura e maxia para gozar en familia.
📅 Sábado 14 de febreiro
🕦 11:30 horas
Nesta presentación contaremos coa colaboración da escritora e poetisa nevense, Mar Míguez, que presentará o libro xunto á súa autora.
🌙 A través do pequeno David e da complicidade coa súa nai, a historia lévanos a voar entre nubes, soños e misterios, da man dun personaxe tan peculiar como inesquecible: o Gardián dos Soños. Un relato cheo de travesuras, medos, ilusións e sorpresas que non deixa indiferente a ninguén.
📖 Unha mañá perfecta para achegarse á lectura, deixar voar a imaxinación e compartir un momento especial cos máis pequenos e pequenas.
🤝 Esta presentación forma parte das actividades culturais ENTRE MARXENS, Monção – As Neves, un programa que une cultura, territorio e creatividade a ambas beiras do Miño.
Agardámoste! 💫
#AsNeves #ElisabeteBrito #LecturaEnFamilia #CulturaAsNeves