As Neves

Comunicacións

As Neves

🤝 O alcalde de As Neves, José Manuel Alfonso participou na presentación das bases dos programas de Acción Comunitaria 2...

Data de publicación: 13/02/2026

🤝 O alcalde de As Neves, José Manuel Alfonso participou na presentación das bases dos programas de Acción Comunitaria 2026 dirixida ás entidades veciñais do municipio, celebrada no Salón de Plenos do Concello.
No encontro estiveron presentes o deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, e a técnica da Deputación de Pontevedra, Sandra González, así como concelleiros da corporación municipal.
👉 A través dos programas Provincia Comunitaria, +Aqua e +Novaqua, a Deputación continúa apoiando e fortalecendo o movemento veciñal, impulsando proxectos que dinamizan o territorio e melloran a calidade de vida da nosa veciñanza.
Desde o Concello de As Neves animamos ás asociacións a informarse e participar nestas convocatorias, fundamentais para seguir construíndo comunidade.
Deputación Pontevedra
#AsNeves #ConcelloAsNeves #AcciónComunitaria #DeputaciónDePontevedra