As Neves

Comunicacións

As Neves

🚨🤝 Aberto o prazo para participar no Curso Básico de Protección Civil, unha formación esencial para as persoas volunta...

Data de publicación: 20/02/2026

🚨🤝 Aberto o prazo para participar no Curso Básico de Protección Civil, unha formación esencial para as persoas voluntarias que inclúe:
✔️ Primeiros auxilios
✔️ Emerxencias no ámbito familiar
✔️ Actuación en accidentes de tráfico
✔️ Organización de eventos con concentración de persoas
✔️ Realización de simulacros
📅 Do 19 de maio ao 15 de xuño
📍 En As Neves
💻 Parte teórica en liña (horario adaptado ás necesidades do alumnado)
🧑‍🚒 Parte práctica presencial: 13 de xuño
O curso será impartido pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte, en colaboración coa AGASP.
👉 Importante! As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude en https://agasp.xunta.gal e estar como demandantes do curso para poder ser seleccionados.
Se queres colaborar co teu concello e formarte para axudar en situacións de emerxencia, esta é a túa oportunidade 💙
#AsNeves #ProtecciónCivil #Voluntariado #ConcelloAsNeves