As Neves
🏸💙 Este sábado tivo lugar un acto moi especial no pavillón municipal: o Club Bádminton As Neves fixo entrega dunha pla...
Data de publicación: 24/02/2026
🏸💙 Este sábado tivo lugar un acto moi especial no pavillón municipal: o Club Bádminton As Neves fixo entrega dunha placa á familia de Manuel Guitián Seijido, nomeándoo Presidente de Honra, nunha homenaxe chea de emoción e gratitude pola súa implicación e apoio ao deporte.
Neste mesmo acto presentouse oficialmente o I Torneo Manuel Guitián, que se celebrará o vindeiro 21 de marzo, unha cita que nace coa vocación de consolidarse como unha data sinalada no calendario galego de bádminton.
O acto contou coa participación da súa familia, que estiveron acompañados polas súas amizades, polo alcalde, concelleiros e membros da corporación municipal, o presidente da Federación Galega de Bádminton e xogadores/as, que fixeron do sábado un momento moi emotivo e inesquecible.
Desde o Concello queremos agradecer ao club, á federación e a todas as persoas asistentes por facer posible un acto tan bonito e sentido.
O deporte tamén é memoria, recoñecemento e comunidade!
#DeporteAsNeves #Badminton #TorneoManuelGuitián #AsNeves #ConcelloAsNeves