As Neves

Comunicacións

As Neves

⚽🏆 O alcalde, José Manuel Alfonso, e a concelleira de deportes, Ana Durán, participaron na presentación oficial do 'Por...

Data de publicación: 26/02/2026

⚽🏆 O alcalde, José Manuel Alfonso, e a concelleira de deportes, Ana Durán, participaron na presentación oficial do 'Portugal Undercup Monção 2026', o torneo de fútbol de formación.
E As Neves forma parte desta festa. Por terceiro ano consecutivo, o noso municipio é sede oficial da competición, co campo Pepe Capón como escenario de excepción para miles de atletas chegados de toda Europa e África.
🗓️ Dúas fins de semana de fútbol:
18 - 21 de xuño
25 - 28 de xuño
🏟️ 10 campos | 4 concellos | 2 países
Máis de 4.000 atletas de clubes de Portugal, España, Francia, Italia, Inglaterra, Túnez, Arxelia, Marrocos e Exipto disputarán esta edición que crece ano tras ano en ambición, calidade e emoción.
O torneo arranca e pecha con cerimonia de apertura e clausura con entrega de premios, prometendo moita festa e moito espectáculo dentro e fóra do campo, onde a deportividade, convenvivencia e xogo limpio será o obxetivo principal.
E como non podía ser doutro xeito, os equipos do Nieves Fútbol Club tamén participarán na competición, representando ao noso Concello con orgullo. Por iso, convidamos a toda a veciñanza a asistir aos seus partidos e animalos!
🎉 Vai ser máxico!
#AsNeves #PortugalUndercupMoncao #Monção #DeportesAsNeves