As Neves
📣 A Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova edición do programa +Benestar, unha iniciativa dirixida a persoas...
Data de publicación: 02/03/2026
📣 A Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova edición do programa +Benestar, unha iniciativa dirixida a persoas maiores de 55 anos, xubiladas e pensionistas para promover o envellecemento activo, o benestar e a participación social.
🧖♀️ O programa ofrece:
✅ Estancias de 6 días e 5 noites en balnearios, talasos ou spas da provincia
✅ Réxime de pensión completa (bebidas incluídas)
✅ Uso diario das instalacións termais (mínimo 2 horas)
✅ Actividades de animación sociocultural
✅ Transporte en autobús desde Vigo ou Pontevedra (con grupo mínimo)
👥 Quen pode participar?
✔️ Persoas empadroadas na provincia de Pontevedra
✔️ Maiores de 55 anos
✔️ Ou menores de 55 en situacións específicas (discapacidade, pensión ou coidados familiares, entre outras)
📅 As prazas asignaranse segundo dispoñibilidade do establecemento elixido.
📝 Solicitudes preferentemente por vía electrónica a través da sede da Deputación: https://sede.depo.gal
Unha oportunidade para coidar da saúde, compartir experiencias e desfrutar do tempo libre nun entorno de benestar 💙
#AsNeves #ConcelloAsNeves