As Neves

Comunicacións

As Neves

🫱🏽‍🫲🏼 O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo unha reunión co alcalde de As...

Data de publicación: 03/03/2026

🫱🏽‍🫲🏼 O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo unha reunión co alcalde de As Neves, José Manuel Alfonso, co obxectivo de avaliar novas vías de colaboración para impulsar a promoción dos produtos alimentarios de calidade diferenciada.
En As Neves celebramos cada ano a Feira do Requeixo e Mel, un evento que pon en valor os nosos produtos locais, especialmente aqueles amparados polos selos da IXP Mel de Galicia e Artesanía Alimentaria.
Seguimos traballando para apoiar e promocionar os produtos que identifican o noso territorio 🍯🧀
#AsNeves #CalidadeAlimentaria #RíasBaixas