As Neves
O Concello de As Neves acolle a exposición "Mulleres que sosteñen o noso rural", unha homenaxe ás mulleres referentes da...
Data de publicación: 03/03/2026
O Concello de As Neves acolle a exposición "Mulleres que sosteñen o noso rural", unha homenaxe ás mulleres referentes das nosas parroquias, protagonistas do presente e futuro do territorio.
🗓️ Do 6 ao 12 de marzo
📍 Recibidor do Concello
Os asistentes non só descubrirán 13 fotografías de mulleres das nosas 13 parroquias. Cada unha delas está acompañada por un código QR para coñecelas a través de entrevistas individuais. Un percorrido por historias de vida, compromiso e traballo que poñen en valor o papel esencial das mulleres no rural.
Esta iniciativa enmárcase na programación do 8M, Día Internacional da Muller, para recoñecer e visibilizar o seu legado e contribución á comunidade.
✨ Achégate e descubre ás mulleres que fan grande a As Neves cada día!
#AsNeves #8M #DíaDaMuller #MulleresRural #ConcelloAsNeves