As Neves
🎭 Información importante sobre o Desfile de Entroido Este domingo, con motivo da celebración do Desfile, o centro das N...
Data de publicación: 06/03/2026
🎭 Información importante sobre o Desfile de Entroido
Este domingo, con motivo da celebración do Desfile, o centro das Neves permanecerá cortado ao tráfico a partir das 15:30 h.
📍 Percorrido do desfile:
Saída desde a rotonda do Montesol, continuando polas rúas Entrecíns, Marquesa do Pazo e Praza Maior, con saída pola rúa Esperanza.
🚫 𝐏𝐫𝐨𝐡𝐢𝐛𝐢𝐝𝐨 𝐚𝐩𝐚𝐫𝐜𝐚𝐫 𝐨𝐮 𝐞𝐬𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐫 𝐞𝐧 𝐭𝐨𝐝𝐨 𝐞𝐬𝐭𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐦𝐨 𝐝𝐞𝐬𝐝𝐞 𝐚𝐬 𝟏𝟓:𝟑𝟎 𝐡 𝐚𝐭𝐚 𝐚𝐬 𝟐𝟏:𝟎𝟎 𝐡.
👉 Ademais, as comparsas concentraranse na zona da gasolineira das Neves, polo que tamén estará prohibido aparcar:
-No aparcadoiro de terra situado ao lado da gasolineira
-No Parque Montesol
-Na zona situada diante do Montesol
🙏 Pedimos a colaboración da veciñanza para garantir o bo desenvolvemento do desfile e a seguridade de todas as persoas participantes.
Moitas grazas pola vosa comprensión e… a despedir o Entroido por todo o alto! 🎉🎭
#AsNeves #Entroido #DesfileEntroido #ConcelloAsNeves