As Neves
🟣 #8M | Durante as próximas semanas compartiremos unha serie de 13 pequenos vídeos protagonizados por 13 mulleres das 1...
Data de publicación: 09/03/2026
🟣 #8M | Durante as próximas semanas compartiremos unha serie de 13 pequenos vídeos protagonizados por 13 mulleres das 13 parroquias que forman o noso Concello. Porque detrás de cada parroquia hai mulleres que coidan, traballan, emprenden, transmiten saberes e constrúen futuro.
1️⃣ Esther, de Cerdeira: Raíz e Forza das Neves 💜
Unha muller de campo que leva toda a vida labrando a terra. Dende os 15 anos, ata hoxe, o seu camiño foi o do traballo duro, coidando da familia e do gando.
Neste 8M, a súa voz lémbranos que a liberdade das mulleres de hoxe naceu do esforzo de mulleres coma ela: "Agora teñen a oportunidade de traballar e gañar o seu carto, de non depender de ninguén".
Porque como ben di: As mulleres das Neves somos raíz, somos traballo e contruimos o futuro.
#8M #MullerRural #AsNeves #Galicia