As Neves
3️⃣ Carmen, de Liñares: Independencia e Conciliación no 8M 💜 Leva 27 anos traballando en Áridos Chans de Salgosa. Malia...
Data de publicación: 11/03/2026
3️⃣ Carmen, de Liñares: Independencia e Conciliación no 8M 💜
Leva 27 anos traballando en Áridos Chans de Salgosa. Malia que a maioría dos seus compañeiros son homes, ela sempre se sentiu unha máis, demostrando que o sector industrial tamén ten nome de muller.
Neste 8M, a súa mensaxe é clara: "Que as mulleres traballen para non ter que depender das súas parellas". Tamén reivindica a importancia de compartir as tarefas do fogar en igualdade, construíndo un futuro onde a conciliación sexa real.
Porque nas Neves, as mulleres somos raíz, traballo e construímos futuro. 💜🌿
#8M #MullerRural #AsNeves #Galicia