As Neves
🚜 A conselleira de Medio Rural, Maria Jose Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento...
Data de publicación: 11/03/2026
🚜 A conselleira de Medio Rural, Maria Jose Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Paz Rodríguez, e polo delegado provincial da Consellería de Medio Rural, Antonio Crespo, visitou As Neves para supervisar as actuacións realizadas en diferentes viais municipais, como na estrada do Pousadouro, onde se executaron traballos que permitiron mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade no noso rural.
Durante a xornada mantiveron tamén unha reunión de traballo para seguir avanzando na colaboración entre administracións e continuar impulsando novas melloras para a veciñanza.
O alcalde das Neves explicou que “o apoio da Xunta de Galicia resulta fundamental para un concello rural como As Neves. Estes investimentos permiten mellorar infraestruturas básicas, fixar poboación e avanzar cara a un territorio máis competitivo e con mellores servizos para vivir e traballar”.
Seguimos traballando para contar cun rural máis accesible, seguro e con mellores servizos para todas e todos!
#AsNeves #MedioRural #ConcelloAsNeves