As Neves

Comunicacións

As Neves

4️⃣ Dora, de Santa Eulalia de Batalláns: Oficio e tradición 💜 Dora atesoura dende hai 20 anos o saber ancestral do requ...

Data de publicación: 12/03/2026

4️⃣ Dora, de Santa Eulalia de Batalláns: Oficio e tradición 💜
Dora atesoura dende hai 20 anos o saber ancestral do requeixo, un dos manxares máis arraigados na comarca e un produto único propia desta zona. Alumna avantaxada de Isabel, de Cerdeira, onde esta tradición ten a súas raíces e onde este bo facer sempre foi gardada e transmitida entre mulleres.
Ela, que leva xa unha década sendo a cara visible da froitería e aínda saca tempo para coidar das súas vacas, comprométese a que haberá requeixo de calidade para moitos anos.
A súa mensaxe é clara: “Animo a todas as mulleres emprendedoras a que continúen emprendendo e que non dependan de ninguén”.
As mulleres das Neves, somos raíz, somos traballo e construímos futuro🌿✊
#8M #MullerRural #AsNeves #Galicia