As Neves

Comunicacións

As Neves

🚐 A unidade móbil do #CIM visitou hoxe As Neves 🚺Esta mañá recibimos a visita da unidade móbil do Centro de Informació...

Data de publicación: 13/03/2026

🚐 A unidade móbil do #CIM visitou hoxe As Neves
🚺Esta mañá recibimos a visita da unidade móbil do Centro de Información á Muller (CIM), un servizo que percorre diferentes concellos para achegar información, asesoramento e apoio ás mulleres.
🙍🏻‍♀️ Esta iniciativa permite dar a coñecer os recursos existentes en materia de igualdade, prevención da violencia de xénero e atención ás mulleres, facilitando o acceso a estes servizos de maneira próxima e directa.
Desde o Concello das Neves seguimos colaborando en accións que contribúan a promover a igualdade e a garantir que todas as mulleres teñan acceso á información e aos recursos que necesitan.
#AsNeves #ConcelloAsNeves #Igualdade #cimmobil