As Neves

Comunicacións

As Neves

📱 Chega o programa da Fundación Amigos De Galicia para que os nosos maiores gañen autonomía dixital! Do 6 ao 10 de abri...

Data de publicación: 17/03/2026

📱 Chega o programa da Fundación Amigos De Galicia para que os nosos maiores gañen autonomía dixital!
Do 6 ao 10 de abril, o Concello das Neves acolle unha nova edición do programa “Mellor Acompañad@” de Amigos de Galicia, unha iniciativa dirixida aos maiores de 60 anos para fomentar o envellecemento activo, a socialización e o uso das novas tecnoloxías no día a día.
Durante os obradoiros aprenderán de forma práctica a realizar xestións habituais como:
✅ Usar o teléfono móbil ou smartphone
✅ Solicitar citas médicas e empregar a app do Sergas / Chave 365
✅ Utilizar caixeiros automáticos
✅ Empregar máquinas de quendas e realizar trámites dixitais
📍 Mercado Municipal
📅 6, 8, 9 e 10 de abril
🕙 De 10:00 a 12:30 h
👥 Dirixido a persoas maiores de 60 anos
📝 Inscricións gratuítas en Servizos Sociais ou no 📞 986 667 134
Un programa pensado para acompañar ás persoas maiores, combater a soidade non desexada e facilitar a súa independencia dixital 💙
#AsNeves #ConcelloAsNeves