As Neves
🏆 Catro alumnos/as de 2º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa do Centro EFA A Cancela acadaron o 2º premio na categ...
Data de publicación: 27/03/2026
🏆 Catro alumnos/as de 2º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa do Centro EFA A Cancela acadaron o 2º premio na categoría FP Medio na Gran Final da VI Edición dos Premios e-FP, celebrada en Madrid, co seu proxecto “MemoryPlay”.
Unha iniciativa innovadora centrada en mellorar a calidade de vida das persoas que padecen Alzheimer e outras demencias, demostrando como a formación profesional pode contribuír a dar resposta a retos sociais reais.
Ata esta final chegaron 6 equipos de toda España, que defenderon en directo proxectos reais cheos de creatividade, compromiso e moito talento novo.
Desde o Concello das Neves queremos trasladar os nosos parabéns ao alumnado, ao profesorado e ao Centro EFA A Cancela polo gran traballo realizado 💚
#AsNeves #EFACancela #ConcelloAsNeves