As Neves
🧀🍯 Sabores que xa anuncian a Feira do Requeixo e Mel! Así foi o showcooking–degustación co que comezamos a quentar mot...
Data de publicación: 27/03/2026
🧀🍯 Sabores que xa anuncian a Feira do Requeixo e Mel!
Así foi o showcooking–degustación co que comezamos a quentar motores para os días grandes da nosa festa 👇
As persoas asistentes puideron probar o requeixo na súa forma máis tradicional, con mel, e tamén descubrir catro elaboracións diferentes creadas polo alumnado de Panadería, Repostería e Confeitaría da EFA A Cancela, demostrando toda a versatilidade deste produto tan noso.
A xornada comezou coa explicación de Alejandro, xerente da Cooperativa Condado Paradanta, que achegou ao público a historia e valor do requeixo antes de pasar á parte máis saborosa 😋
Unha experiencia para aprender, degustar e seguir poñendo en valor a nosa tradición gastronómica.
#AsNeves #FeiradoRequeixoEMel #ConcelloAsNeves