As Neves

Comunicacións

As Neves

Dende o Concello queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as persoas e colectivos que formastes parte...

Data de publicación: 05/04/2026

Dende o Concello queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as persoas e colectivos que formastes parte da XXXIII Feira do Requeixo e Mel.
Gracias a todos os postos participantes, ás adegas 🍷 que achegastes o mellor dos nosos viños, ás persoas produtoras de artesanía alimentaria de Galicia, ás asociacións de As Neves polo seu compromiso e implicación, e a todas e todos os voluntarios que, co seu esforzo e dedicación durante os dous días de feira, fixestes posible que todo saíse á perfección 🙌
Un agradecemento moi especial á Cooperativa Condado Paradanta, encargada de poñer en valor o produto principal e máis emblemático da nosa feira: o requeixo e o mel, auténticos protagonistas desta celebración 💛
Sen vós, esta feira non sería o que é: un punto de encontro cheo de tradición, sabor e comunidade.
Gracias por contribuír a facer desta cita unha experiencia inesquecible. Seguimos medrando xuntos!
#FeiraDoRequeixoEMel #AsNeves #TradiciónViva