As Neves

Comunicacións

As Neves

🥾Hoxe presentouse a IX Andaina do Condado Marqués de Vizhoja, que se celebrará este domingo nas Neves xunto á Andaina S...

Data de publicación: 09/04/2026

🥾Hoxe presentouse a IX Andaina do Condado Marqués de Vizhoja, que se celebrará este domingo nas Neves xunto á Andaina Solidaria Activemos, nunha xornada que combinará deporte, natureza e solidariedade.
No acto participaron membros de Cornelios (club organizador), o alcalde das Neves, a concelleira de Deportes e Fernando Fernández, vicepresidente da Federación Galega de Montañismo.
📍 Estamos preparados/as para recibir os máis de 600 sendeiristas que tomarán parte nas diferentes distancias (25km, 15km e 8km), e posteriormente ás 10:00 horas, sairemos no tren turístico destino a Salvaterra coa Andaina de ACTIVEMOS, un evento xa consolidado no calendario deportivo e social do territorio!
#DeporteAsNeves #AsNeves #AndainaDoCondado #ConcelloAsNeves