As Neves

Comunicacións

As Neves

Dende o Concello queremos comunicar a nosa preocupación polos recentes actos incívicos detectados nos xardíns municipais...

Data de publicación: 12/04/2026

Dende o Concello queremos comunicar a nosa preocupación polos recentes actos incívicos detectados nos xardíns municipais 🌱, que se veñen producindo nos últimos días, comezando polo roubo de plantas nos xardíns municipais 🚨 e continuando coa queima de plantas 🔥, o pisoteo de zonas verdes 🚫 e o deterioro de espazos que son de uso e goce común.
Os xardíns forman parte do patrimonio colectivo 🌿 e contribúen de maneira directa á calidade de vida da veciñanza, polo que a súa conservación é unha responsabilidade compartida 🤝.
Facemos un chamamento á cidadanía para que actúe con respecto e civismo 🙏, e lembramos a importancia de coidar entre todos e todas os espazos públicos 🏡.