As Neves
🥾💚 Desde o Concello das Neves queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ao Club Cornelios polo enorme éxito...
Data de publicación: 16/04/2026
🥾💚 Desde o Concello das Neves queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ao Club Cornelios polo enorme éxito na organización da IX Andaina do Condado Marqués de Vizhoja, unha cita xa consolidada que volveu reunir a centos de persoas arredor do deporte e da natureza.
Un agradecemento moi especial tamén pola gran acollida da III Andaina Activemos, unha proposta enriquecedora que nos levou en tren turístico ata Salvaterra para gozar dun percorrido dende as termas ata o parque da Canuda.
👏 Grazas a Julio Eiroa pola súa dedicación altruísta, polas súas explicacións, xogos e por facernos aprender e desfrutar ao mesmo tempo.
💛 Mil grazas á familia do Club Cornelios pola extraordinaria organización e a todas as persoas participantes pola súa enerxía, actitude e ganas de compartir.
Seguimos facendo comunidade a través do deporte e das experiencias compartidas.
#AsNeves #AndainaDoCondado #ConcelloAsNeves