As Neves

Comunicacións

As Neves

📢 O Goberno de España acaba de por en marcha a Regularización Extraordinaria 2026, un proceso que permite regularizar a...

Data de publicación: 19/04/2026

📢 O Goberno de España acaba de por en marcha a Regularización Extraordinaria 2026, un proceso que permite regularizar a situación administrativa de persoas estranxeiras que se atopen en España desde antes do 1 de xaneiro de 2026.
👤 A QUEN VAI DIRIXIDA? A persoas que se atopen nunha destas dúas situacións:
✅ Solicitaron Protección Internacional en España antes do 1 de xaneiro de 2026. ✅ Atópanse en situación administrativa irregular e chegaron a España antes do 1 de xaneiro de 2026.
📅 PRAZOS
🖥️ Vía telemática: aberta desde o 16 de abril
🏢 Vía presencial (con cita previa): atención nas oficinas da Seguridade Social desde o 20 de abril
⏳ O prazo de solicitude estará aberto ata o 30 de xuño de 2026
MÁIS INFORMACIÓN: inclusion.gob.es/regularización
#AsNeves #RegularizaciónExtraordinaria #Regularización2026