As Neves

Comunicacións

As Neves

🧠💚 Cultiva a mente… tamén nas nosas parroquias! Este xoves deron comezo os talleres do programa “Cultiva a Mente”, imp...

Data de publicación: 04/05/2026

🧠💚 Cultiva a mente… tamén nas nosas parroquias!
Este xoves deron comezo os talleres do programa “Cultiva a Mente”, impartidos por AFAGA, unha iniciativa impulsada dende o Concello para o coidado, prevención e benestar das persoas maiores 🤝
Este ano impartiranse un total de 4 talleres, nos que participarán arredor de 60 persoas 👥, reforzando así o compromiso coa nosa veciñanza maior.
Unha actividade que aposta por estimular as capacidades cognitivas 🧩, fomentar a socialización e mellorar a calidade de vida ✨
Os talleres desenvolveranse todos os xoves (ata decembro) nos seguintes puntos:
📍 Taboexa, no Centro Cultural (09:30 h)
📍 As Neves, na Casa da Xuventude (11:30 h)
📍 Setados, na Escola (16:00 h)
📍 San Cibrán, na Escola (18:00 h)
Dende o Concello seguimos traballando para achegar este tipo de programas ás parroquias, facilitando o acceso e chegando a máis veciños e veciñas 🌱
💛 Un paso máis para coidar dos nosos maiores e promover un envellecemento activo.
#AsNeves #ConcelloAsNeves