As Neves
📚🎙️ As Neves celebrará unha nova edición das Letras Galegas 2026, dedicadas a Begoña Caamaño, cun programa especial or...
Data de publicación: 12/05/2026
📚🎙️ As Neves celebrará unha nova edición das Letras Galegas 2026, dedicadas a Begoña Caamaño, cun programa especial organizado polo alumnado de 4º da ESO do IES Pazo da Mercé.
📍 Praza de Abastos das Neves
📅 Venres, 15 de maio
🕙 De 10:00 a 14:00 h
Durante a mañá desenvolverase un programa de radio en directo con entrevistas, reflexións e espazos culturais arredor da lingua galega, a literatura, o feminismo e a comunicación. O evento contará coa participación especial de Mar Míguez e Willow Ghz.
🎧 A veciñanza poderá achegarse ao mercado para vivir en directo o programa, coñecer o traballo do alumnado e compartir unha mañá de cultura e participación arredor das nosas Letras Galegas.
👏 Queremos felicitar ao alumnado e profesorado do IES Pazo da Mercé polo seu compromiso coa cultura galega e pola posta en marcha dunha iniciativa que fomenta a creatividade, o pensamento crítico e o uso da nosa lingua entre a mocidade.
💙 Agardámosvos para desfrutar dunha mañá chea de cultura, radio e orgullo pola nosa lingua!
#LetrasGalegas2026 #BegoñaCaamaño #CulturaGalega #IESPazodaMercé #EspazoAberto