As Neves

Comunicacións

As Neves

🌍 O alcalde de As Neves participou esta semana no III Encontro Estatal de...

Data de publicación: 29/05/2025

🌍 O alcalde de As Neves participou esta semana no III Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional, celebrado en Gandia os días 27 e 28 de maio.



👉 Como tesoureiro do Fondo Galego, tivo a oportunidade de intercambiar experiencias con representantes doutras administracións locais de todo o Estado comprometidas coa solidariedade internacional.



🗣 Durante o encontro destacouse o papel fundamental dos concellos na defensa dos dereitos humanos, na promoción da paz e na loita contra as desigualdades, tanto a nivel local como global.



🤝 Tamén se puxo en valor a importancia da cooperación descentralizada como ferramenta eficaz para construír comunidades máis xustas e sostibles.



Dende As Neves reafirmamos o noso compromiso cun mundo máis solidario, xusto e sostible 🌱🌍



#EncuentroEstatal #CooperaLocal #AsNeves #ConcelloAsNeves