As Neves
🌿 Grazas ao proxecto PSTD Condado Paradanta Enogastronómico, xestionado polo GDR Terra e Auga, As Neves contará cun inv...
Fecha de publicación: 26/12/2025
🌿 Grazas ao proxecto PSTD Condado Paradanta Enogastronómico, xestionado polo GDR Terra e Auga, As Neves contará cun investimento de 102.000 € para a posta en valor do seu patrimonio, a paisaxe e a mobilidade sostible.
👉 A actuación permitirá crear a 'Ruta dos Tres Ribartemes', un itinerario circular que unirá as parroquias de San Xosé, San Cibrán e Santiago de Ribarteme, poñendo en valor máis de 40 elementos patrimoniais vinculados ao noso territorio.
Un percorrido para descubrir:
✔️ Patrimonio material e inmaterial
✔️ Paisaxe e contorna natural
✔️ Tradicións e memoria colectiva
Ademais, esta ruta conectará co Camiño da Feira, facilitando a ligazón directa co centro de As Neves e reforzando unha mobilidade accesible e non motorizada 💚
#ConcelloAsNeves #AsNeves #TurismoSostible #GDRTerraEAuga