As Neves

Comunicaciones

As Neves

🎄💫 Os nenos e nenas do Campamento de Nadal viviron unha xornada moi especial no Centro de Día de As Neves, enchendo o...

Fecha de publicación: 30/12/2025

🎄💫 Os nenos e nenas do Campamento de Nadal viviron unha xornada moi especial no Centro de Día de As Neves, enchendo o espazo de ilusión, música e sorrisos 😊
Durante a visita, cantaron panxoliñas, tomaron as uvas e fixeron entrega dunha postal de Nadal pintada e dedicada por eles mesmos, un detalle cheo de agarimo que emocionou ás persoas usuarias do centro ❤️
Un encontro fermoso que pon en valor a convivencia interxeracional, o respecto e a importancia de compartir momentos nestas datas tan sinaladas.
#ConcelloAsNeves #AsNeves #NadalAsNeves