As Neves

Comunicacións

As Neves

✨👑 Os Reis Magos de Oriente xa encheron de ilusión as nosas parroquias 👑✨ Durante estes días tan especiais, as Súas Ma...

Data de publicación: 04/01/2026

✨👑 Os Reis Magos de Oriente xa encheron de ilusión as nosas parroquias 👑✨
Durante estes días tan especiais, as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitaron as parroquias do Concello das Neves, repartindo maxia, alegría e moitos sorrisos entre nenas, nenos e tamén persoas adultas. 🎁💫
Nesta visita tan agardada, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de entregar persoalmente as súas cartas aos Reis, compartindo os seus desexos, soños e ilusións nun encontro cheo de emoción e tenrura.
Neste vídeo recollemos algúns dos momentos máis emotivos e entrañables destas visitas, nas que non faltaron a ilusión, as palabras cheas de agarimo e a emoción de ver aos Reis tan de preto. Gracias a todas as persoas que colaboraron para facer posible esta experiencia tan especial.
👉 E lembrade que a maxia continúa mañá:
🎉 Gran Cabalgata de Reis
🕟 Saída ás 16:30 horas
📍 Dende o Montesol
Convidámosvos a achegarvos e a desfrutar dunha tarde máxica en familia, chea de cor, música e ilusión.
✨👑 As Neves agarda polos Reis 👑✨