As Neves
🏡 Axudas para a rehabilitación de vivendas no rural O Concello de As Neves informa á veciñanza de que o Instituto Galeg...
Data de publicación: 19/01/2026
🏡 Axudas para a rehabilitación de vivendas no rural
O Concello de As Neves informa á veciñanza de que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) publicou no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 das axudas para a rehabilitación de vivendas no rural.
Co obxectivo de ofrecer información detallada sobre esta liña de subvencións e resolver dúbidas, o Concello convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión informativa que terá lugar:
📅 Venres, 23 de xaneiro de 2026
🕢 Ás 19:30 horas
📍 Salón de Plenos do Concello
Unha boa oportunidade para coñecer as axudas dispoñibles e valorar a posibilidade de acollerse a elas.
#ConcelloAsNeves #AsNeves #Vivenda #RehabilitaciónRural #AxudasIGVS