As Neves

Comunicaciones

As Neves

ℹ️ A Xunta de Galicia vén de acadar un acordo coa Fegamp para incrementar de maneira progresiva a súa achega económica a...

Fecha de publicación: 21/01/2026

ℹ️ A Xunta de Galicia vén de acadar un acordo coa Fegamp para incrementar de maneira progresiva a súa achega económica ao Servizo de Axuda no Fogar, un servizo esencial que prestan os concellos.
A achega por hora pasará dos 12€ actuais a:
➡️ 16 € en 2026
➡️ 17 € en 2027
➡️ 18 € en 2028
Este acordo supón un incremento do 50 % nesta lexislatura, reforzando o apoio aos concellos e contribuíndo a garantir unha atención de calidade ás persoas que máis o precisan, favorecendo que poidan seguir vivindo nos seus fogares.
O SAF é un servizo clave para a atención á dependencia en Galicia, do que se benefician milleiros de persoas, e esta mellora na financiación permitirá seguir ampliando e fortalecendo a súa prestación tamén en concellos como As Neves.
#ConcelloAsNeves #AsNeves #AxudaNoFogar #SAF