As Neves
🍯🧀 As Neves pon en valor os seus sabores máis auténticos en #Fitur2026! A concelleira de Turismo, Ana Rodríguez, prese...
Data de publicación: 22/01/2026
🍯🧀 As Neves pon en valor os seus sabores máis auténticos en #Fitur2026!
A concelleira de Turismo, Ana Rodríguez, presentou a Feira do Requeixo e do Mel de As Neves, acompañada dunha degustación que levou ata Madrid os nosos produtos máis emblemáticos, acompañado de viños das adegas do Concello de As Neves, amparados pola DO Rías Baixas.
Un exemplo de como a tradición, a calidade e a identidade local son tamén un potente atractivo turístico.
Así elaborouse unha degustación na que se combinaba un prato único “O Requeixo de As Neves e as Rosquillas de Ponteareas” acompañado dos nosos viños que resultou ser un éxito entre todos os asistentes👏🏻
#ConcelloAsNeves #RíasBaixas #Turismo #TurismoGastronómico