As Neves
🔚 Poñemos fin ao paso de As Neves por #Fitur2026 tras dúas xornadas intensas e moi enriquecedoras nas que tivemos a opo...
Fecha de publicación: 23/01/2026
🔚 Poñemos fin ao paso de As Neves por #Fitur2026 tras dúas xornadas intensas e moi enriquecedoras nas que tivemos a oportunidade de seguir posicionando o noso concello como destino con identidade, produto propio e moito futuro.
O broche final foi asistir á presentación de Galicia Calidade, impulsada pola Xunta de Galicia, un selo que representa excelencia, autenticidade e orgullo do noso territorio.
Tamén estivemos presentes noutros momentos clave:
🍃 Presentación da campaña Rías Baixas, “A túa meta, o teu destino”, da Deputación Pontevedra, que amosa a provincia como un gran espazo para o turismo activo e sostible.
🧀🍯 Presentación da Feira do Requeixo e Mel de As Neves, levando o sabor e a tradición do noso concello a Madrid.
🌿 Presentación do Xeodestino Condado Paradanta – Terra e Auga, da man do GDR Terra e Auga, apostando polo turismo experiencial e enogastronómico.
Regresamos con novas ideas, contactos e ilusión para seguir traballando pola promoción de As Neves, do noso patrimonio, da nosa gastronomía e da nosa maneira de vivir o territorio.
#AsNeves #ConcelloAsNeves #TurismoAsNeves #GaliciaCalidade