As Neves

Comunicaciones

As Neves

📢 Seguimos reforzando a colaboración institucional en As Neves 🤝 A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola...

Fecha de publicación: 25/01/2026

📢 Seguimos reforzando a colaboración institucional en As Neves 🤝
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo un encontro co alcalde de As Neves, José Manuel Alfonso, e coa concelleira de Educación, Susana Gil, no que se analizaron novas vías de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello para continuar impulsando os servizos sociais no noso municipio.
👉 Durante a reunión púxose en valor o compromiso coa atención ás persoas maiores e á infancia, dous eixos fundamentais para o benestar da veciñanza de As Neves.
💙 Entre os aspectos destacados:
• O Bono Coidado no Fogar, do que xa se benefician 96 persoas do noso concello, permitindo que poidan ser atendidas no seu propio domicilio, cun investimento próximo aos 500.000 €.
• A gratuidade da educación de 0 a 3 anos, cunha achega anual de máis de 96.000 €, facilitando o acceso das familias á escola infantil.
👏 Dende o Concello de As Neves seguimos traballando da man doutras administracións para mellorar os servizos públicos, apoiar ás familias e garantir unha mellor calidade de vida para todas e todos.
#AsNeves #ServizosSociais #Educación #XuntaDeGalicia #ConcelloDeAsNeves