As Neves
🏠 O alcalde de As Neves, xunto cunha técnica municipal, explicaron nunha sesión informativa as bases da convocatoria de...
Fecha de publicación: 26/01/2026
🏠 O alcalde de As Neves, xunto cunha técnica municipal, explicaron nunha sesión informativa as bases da convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas no rural, promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
Durante o encontro animouse á veciñanza a aproveitar esta oportunidade para mellorar e poñer en valor as vivendas no rural, contribuíndo así á fixación de poboación e á mellora da calidade de vida.
👉 As persoas que non puideron asistir á reunión poden contactar directamente co alcalde no Concello para recibir máis información e resolver dúbidas sobre a convocatoria.
#ConcelloAsNeves #AsNeves #VivendaRural