As Neves

Comunicaciones

As Neves

⚠️💡As fortes tormentas rexistradas os días 22 e 23 de xaneiro provocaron importantes danos no alumeado público do Conce...

Fecha de publicación: 31/01/2026

⚠️💡As fortes tormentas rexistradas os días 22 e 23 de xaneiro provocaron importantes danos no alumeado público do Concello de As Neves, con máis de 200 luminarias fundidas, ademais de cableado e cadros eléctricos danados en distintas parroquias do municipio.
👉 O Concello xa activou os traballos de reparación e reposición das instalacións afectadas, cun investimento de case 54.500 €, co obxectivo de restablecer o servizo canto antes e garantir a seguridade da veciñanza.
📍 As actuacións están a levarse a cabo en diferentes zonas do concello, entre elas Liñares, Tortoreos, Bruñeiras, Guláns, Estación, Setados, Santiago de Ribarteme, Vide ou a Praza de As Neves.
🙏 Agradecemos a comprensión e colaboración da veciñanza mentres continúan os traballos, xa que algunhas reparacións poden prolongarse no tempo debido á complexidade dos danos.
Seguimos traballando para recuperar a normalidade o antes posible.
#ConcelloAsNeves #AsNeves #Incidencias