As Neves
🌌 O miradoiro de San Nomedio vén de acadar a certificación “Paraxe Starlight”, un distintivo que avala a excelente cali...
Data de publicación: 02/02/2026
🌌 O miradoiro de San Nomedio vén de acadar a certificación “Paraxe Starlight”, un distintivo que avala a excelente calidade do seu ceo nocturno e o seu gran potencial para o turismo astronómico sostible.
👉 Esta distinción foi concedida á Deputación de Pontevedra, entidade impulsora e xestora do espazo a través do proxecto europeo Visit Río Minho Plus, financiado con fondos europeos. Na provincia de Pontevedra, só o miradoiro de San Nomedio e o Faro de Avión contan con este recoñecemento.
🌠 Esta distinción sitúa a As Neves dentro da exclusiva rede de 'Paraxes Starlight' e reforza a aposta por un modelo turístico respectuoso coa natureza, ligado á divulgación científica e ao desenvolvemento local.
👉 No marco do proxecto europeo Visit Río Minho Plus, seguiranse impulsando actuacións para mellorar a experiencia das persoas visitantes e poñer en valor este espazo natural privilexiado.
🌍 Un paso máis para consolidar As Neves como destino sostible… tamén baixo as estrelas! ✨
O Concello aposta por un modelo de turismo sostible e innovador, que pon en valor o patrimonio natural, xera oportunidades no territorio e reforza a identidade de As Neves como destino de calidade.
#AsNeves #SanNomedio #ParaxeStarlight #Astroturismo #ConcelloAsNeves