As Neves
🚴♂️ As Neves estivo presente na presentación oficial de O Gran Camiño 2026, un evento deportivo de referencia que volv...
Data de publicación: 07/02/2026
🚴♂️ As Neves estivo presente na presentación oficial de O Gran Camiño 2026, un evento deportivo de referencia que volverá situar a Galicia no mapa do ciclismo profesional.
O alcalde de As Neves, a concelleira de Deportes e representantes dos clubes ciclistas de As Neves asistiron a este acto no que se deron a coñecer todos os detalles da próxima edición, destacando especialmente a quinta e última etapa, que partirá desde As Neves e rematará na Guarda, cun final espectacular no Monte Santa Trega.
Para o noso Concello é unha gran noticia formar parte dunha proba desta relevancia, que pon en valor a nosa tradición ciclista, o territorio e a capacidade de As Neves para acoller grandes eventos deportivos.
Seguimos apostando polo deporte, pola proxección exterior do concello e por iniciativas que unen deporte, paisaxe e promoción turística 🌄
#OGranCamiño2026 #AsNeves #DeporteAsNeves #Ciclismo #ConcelloAsNeves