As Neves
💧👏 A Comunidade de Usuarios de Augas de Tortoreos e Liñares en As Neves recibiu o 1º premio do programa +AQUA da Deput...
Fecha de publicación: 17/02/2026
💧👏 A Comunidade de Usuarios de Augas de Tortoreos e Liñares en As Neves recibiu o 1º premio do programa +AQUA da Deputación de Pontevedra, na categoría “Innovación na xestión comunitaria”.
Un galardón que pon en valor os novos modelos organizativos ou participativos, a transparencia e rendición de contas, a inclusión activa de mulleres, mocidade ou persoas maiores, e a replicabilidade noutras comunidades.
👉 Na recollida do premio estiveron acompañados polo concelleiro de Medio Ambiente, Víctor Rodríguez, quen felicitou persoalmente á comunidade polo seu traballo e compromiso.
Desde o Concello trasladamos os nosos parabéns tamén a todas as traídas de As Neves, polo bo facer e compromiso, así como polo exemplo de organización e responsabilidade comunitaria 🫱🏽🫲🏼
#AsNeves #ComunidadeAugas #Tortoreos #Liñares #ConcelloAsNeves