As Neves
⚽💡 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, AgustÃn Reguera, visitou As Neves para supervisar o resultado das obr...
Fecha de publicación: 18/02/2026
⚽💡 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, AgustÃn Reguera, visitou As Neves para supervisar o resultado das obras de renovación do alumeado do campo municipal de fútbol.
👉 O campo xa dispón de nova iluminación LED, unha actuación que contou cunha axuda da Xunta de Galicia de 54.998,61€, no marco do convenio asinado coa ConsellerÃa de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Esta mellora non só permite contar cunha iluminación de maior calidade para adestramentos e competicións, senón que tamén supón un aforro superior ao 50 % na factura eléctrica, incrementando a eficiencia enerxética das instalacións deportivas municipais.
Desde o Concello de As Neves seguimos apostando pola modernización das infraestruturas deportivas e polo apoio ao deporte local, garantindo espazos máis sostibles, funcionais e adaptados ás necesidades dos nosos clubs.
#AsNeves #DeporteAsNeves #InfraestruturasDeportivas #ConcelloAsNeves