As Neves

Comunicacións

As Neves

📌 PLENO ORDINARIO HOXE NO CONCELLO DE AS NEVES ⌚ Horario: 1ª convocatoria: 3 de marzo ás 20:00 horas 2ª convocatoria: 5...

Data de publicación: 03/03/2026

📌 PLENO ORDINARIO HOXE NO CONCELLO DE AS NEVES
⌚ Horario:
1ª convocatoria: 3 de marzo ás 20:00 horas
2ª convocatoria: 5 de marzo ás 20:00 horas
📍 Localización: Salón de sesións da Casa do Concello
📋 Puntos a tratar:
1. Aprobación da acta da sesión anterior.
2. Expediente 109/2026. Aprobación inicial, se procede, do Orzamento Municipal Ordinario, Bases de Execución, Cadro de Postos de Traballo do Persoal Funcionario e Laboral, Plan de Investimentos e o Anexo de Subvencións do exercicio 2026.
3. Expediente 94/2026. Aprobación, se procede, de expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 1/2026.
4. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo municipal do BNG para conseguir avanzar en igualdade real e efectiva fronte ao rearmamento do machismo.
5. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo municipal do BNG para reclamar que se garanta un financiamento xusto e un modelo público do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
6. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo municipal do BNG, de rexeitamento á modificación da Lei do Patrimonio Cultural de Galiza promovida pola Xunta.
7. Dación de conta de Decretos de Alcaldía.
8. Rogos e preguntas.
#PlenoMunicipal #ParticipaciónCidadá #AsNeves #ConcelloAsNeves