As Neves
💜 Xa podedes visitar a exposición das Mulleres das Parroquias das Neves! O Concello das Neves acolle estes días unha ex...
Fecha de publicación: 06/03/2026
💜 Xa podedes visitar a exposición das Mulleres das Parroquias das Neves!
O Concello das Neves acolle estes días unha exposición moi especial composta por 13 fotografías de 13 mulleres das 13 parroquias do noso municipio, unha iniciativa realizada con motivo do 8M, Día Internacional da Muller.
Cada imaxe conta cun código QR que permite acceder a un pequeno vídeo no que elas mesmas comparten a súa historia, vivencias e reflexións, dando voz ás mulleres que forman parte do día a día do Concello.
📍 A exposición pode visitarse no Concello das Neves ata o día 12.
👉 Convidamos a toda a veciñanza a achegarse e coñecer estas historias que poñen en valor ás mulleres das nosas parroquias, protagonistas fundamentais da vida do noso concello.
#AsNeves #8M #ConcelloAsNeves