As Neves
Hoxe, 8 de marzo, Día Internacional da Muller💜, queremos render unha pequena homenaxe a todas as mulleres que forman pa...
Data de publicación: 08/03/2026
Hoxe, 8 de marzo, Día Internacional da Muller💜, queremos render unha pequena homenaxe a todas as mulleres que forman parte da nosa historia, do noso presente e tamén do noso futuro.
Con motivo desta data organizamos unha exposición moi especial:
13 mulleres ~ 13 parroquias, un reflexo do esforzo, do traballo e do compromiso de tantas veciñas que co seu exemplo axudan a construír comunidade cada día.
Cada unha delas representa moito máis ca unha historia persoal: representan a forza, a dedicación e o papel fundamental das mulleres.
“As mulleres das Neves somos raíz, somos traballo e construímos futuro”, un lema que resume o espírito desta iniciativa e o valor das mulleres que forman parte do noso municipio.
Con esta iniciativa queremos visibilizar, recoñecer e agradecer o labor de todas as mulleres do noso Concello. Ás de onte, ás de hoxe e ás que virán.
Porque a igualdade constrúese entre todas e todos, cada día.
#8M #DíaInternacionalDaMuller