As Neves

Comunicaciones

As Neves

🚧 En marcha os traballos de reparación do firme no acceso a San Pedro, unha actuación incluída dentro das obras de mell...

Fecha de publicación: 10/03/2026

🚧 En marcha os traballos de reparación do firme no acceso a San Pedro, unha actuación incluída dentro das obras de mellora en viais municipais afectados polos incendios do pasado 6 de agosto de 2025.
Esta intervención, cun orzamento de 38.066,40 €, lévase a cabo ao abeiro das axudas da Xunta de Galicia destinadas á recuperación das zonas afectadas polos incendios, permitindo restaurar infraestruturas danadas e mellorar a seguridade viaria.
👉 Desde o Concello das Neves seguimos traballando con compromiso na recuperación do territorio e na mellora dos servizos e accesos para a veciñanza.
#AsNeves #SanPedro #XuntaDeGalicia #ConcelloAsNeves