As Neves
💼 O Concello das Neves contratará a 9 persoas desempregadas ao abeiro do Plan +Provincia para a Activación do Emprego 2...
Fecha de publicación: 11/03/2026
💼 O Concello das Neves contratará a 9 persoas desempregadas ao abeiro do Plan +Provincia para a Activación do Emprego 2026 da Deputación de Pontevedra.
Grazas a unha subvención de 124.224,69 €, correspondente á Liña 3 deste programa provincial, realizaranse contratacións a xornada completa durante o ano 2026, co obxectivo de fomentar o emprego local e reforzar os servizos municipais.
Os postos ofertados serán:
🔧 1 fontaneiro/a (7 meses)
🌿 3 peóns forestais (7 meses)
🚧 2 peóns de obras públicas (7 meses)
♻️ 2 peóns de recollida de lixo (9 meses)
🎭 1 animador/a sociocultural (6 meses)
As persoas candidatas deberán estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.
As persoas interesadas poden consultar as bases e códigos na nosa web: https://asneves.gal/bases-de-seleccion-de-persoal-laboral-…/
#AsNeves #Emprego #PlanProvincia #ConcelloAsNeves